Cargando imaxes...

Profesorado

Clarinete

uxia

Uxía Bolaño Amigo nace en Rianxo, onde comeza os seus estudos musicais cos mestres Santiago Goldar e Rafael Collazo, para logo continuar a súa formación no Conservatorio de Música Felipe Paz Carbajal de Noia co Profesor Martín Baleirón.

Finaliza o Grao Profesional de Música no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela co Profesor Saúl Canosa, obtendo o Premio Fin de Grao. No ano 2011 accede ao Grao Superior de Música na ESMAE (Escola Superior de Música e Artes Escénicas) de Porto, onde estuda cos mestres Nuno Pinto e António Saiote. Ao tempo, licénciase en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde cursa logo o Máster de Investigación da Facultade de Ciencias da Educación sendo Bolseira do Ministerio de Educación e Ciencia.

Actualmente estuda último ano de Grao Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo co Profesor Asterio Leiva e desenvolve labores profesionais de Técnica de Apoio á Investigación no Grupo SEPA-interea da USC. Asiste con asiduidade a cursos e masterclass de clarinete con mestres de renome internacional e actúa con diversas agrupacións da península. É membro do Equa Ensemble, da Banda da Escola de Música de Rianxo e da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares.ta

Frauta

Miguel Vicente García

Miguel Vicente García nace en Santiago de Compostela no ano 1982 e na súa formación académica obtivo no 2004-2008 Bachelor of music (Bmus), especialidade Frauta traveseira (homologado pola Xunta de Galicia a Título Superior de Música, especialidade Frauta traveseira) e Teaching Diploma (Certificado de formación pedagóxica). Koninklijk Conservatorium, A Haia (Holanda)

2008-2010 Bachelor of music (BMus), especialidade Teoría da música. Koninklijk Conservatorium, A Haia (Holanda). 2010-2012 Master of music (MMus) especialidade Teoría da música. Koninklijk Conservatorium. Traballo de fin de Mestrado Harmonic analysis in practice: A critical review of the labels employed to describe harmony in common practice music (A análise harmónica na práctica: Unha revisión crítica dos cifrados empregados para describir a harmonía en música do período da práctica común)

Acudiu a cursos e clases de frauta cos profesores Antonio Arias, Magdalena Martínez, Julia Gallego, Janos Balint, Robert Winn, Laurent Blaiteau. Curso de Análise musical con Yvan Nommick e Stephane Etcharry (Cursos Internacionais Manuel de Falla, Granada 2012). Becado pola AIE.

Foi profesor de frauta do Conservatorio Profesional de Ponteareas (2013). Membro da Banda Cultural de Teo (1996-1999) e da Banda Cultural da Estrada (2000-2004). Colaborador con outras bandas populares (Unión Musical de Ponteledesma, Banda de Santa Cruz de Ribadulla). Membro da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia (2003-2006). Colaboracións ocasionais en proxectos conxuntos coa Orquestra Sinfónica de Galicia. Tamén colaborou coa Banda Filharmónica de Galicia, Banda Sinfónica Minho-Galaica, Orquesta Sinfónica do Koninklijk Conservatorium da Haia, Orquestra de Frautas de Holanda.

Na actualidade colabora coa Orquestra Gaos e é autor do blog de divulgación musical (http://loquelasnotasesconden.blogspot.com.es/). Na actualidade profesor na Asociación cultural e musical Solfa.

Óboe e Solfexo

sara

Sara Fernández Precedo. Natural de Santiago de Compostela, desde moi nova colabora con distintas bandas, entre elas a de Solfa, na cal imparte clases de óboe nos cursos 2008 a 2011. Obtén no Conservatorio Profesional de Música de Santiago o título de grao medio de óboe no ano 2011 coas máximas cualificacións cos profesores Sonia Avilés e Guillermo Pérez. Recibe leccións maxistrais de mestres como Eduardo Martínez, Lucas Macías, Ramón Ortega, Christina Dominik, Esther Viúdez, David Villa, Roberto Baltar, Gerôme Gichard…

Colabora con diferentes agrupacións como Orquestra Filharmónica de Pontevedra, Orquestra Vigo 430, Orquestra Gaos, Orquestra Juvenil de Santander, Joven Orquestra Sinfónica de Cantabria, Orquestra de Cámara da Joven Orquestra Sinfónica de Cantabria coa que realiza un importante intercambio en Crans-Montana (Suíza), Camerata Aragón, Banda municipal de Pontevedra, Banda municipal de Santiago, Banda Sinfónica da Federación de Bandas de Música Populares.

No ano 2015 gaña o Concurso de Solistas do Conservatorio Superior de Música de Aragón actuando de solista coa orquestra do propio centro. No mesmo ano obtén o título superior de óboe no CSMA cos profesores Francisco Gil Ferrer e José Antonio Masmano.

Actualmente realiza o curso avanzado de especialización orquestral da Real Filharmonía de Galicia.

Percusión

Francisco Troncoso nace en Salceda de Caselas (Pontevedra) en 1989 e comeza a estudar percusión con Roberto Oliveira e David Rodríguez na escola do seu pobo. Continúa nos conservatorios de Vigo cos profesores Pere Sanz, Marcos Corbacho, Bernat Sentamans e Santiago de Compostela con Ton Risco, onde remata o Grado Profesional obtendo o “Premio extraordinario Fin De Grado”.

En 2008 entra como alumno activo na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia con Vicente Faus  (timbaleiro da Real Filharmonía de Galicia)  e en 2009 na Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia cos profesores José Trigueros, Alejandro Sanz y José Belmonte.

Colaborou con orquestas como Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, baixo a batuta de directores como Miguel Harth-Bedoya, Antoni Ros Marbá, Pietro Rizzo, Jaime Martín,  Carlo Rizzi,  e asistiu a cursos e masterclases con profesores como Juan Collazo (CMUS profesional de Santiago de Compostela), José Trigueros (OSG), Fernando Arias (Oviedo Filharmonía), César Peris (CSMA), Lorenzo Ferrandiz (CSMA), Nacho Molins (CSMA), Pius Cheung (Solista internacional de marimba), Nuno Aroso (ESMAE), Jeffrey Davis (ESMAE).

No ano 2010, estudou no Conservatorio de Ámsterdam cos profesores Nick Woud, Gustavo Gimeno, Peter Prommel, Mark Braafhart, Ramon Lormans e Victor Oskam. Alí formou parte do ensemble de percusión do conservatorio co cal participou en varios proxectos como os “Lunchconcert” na Concertgebouw Concert Hall e o TROMP Percussion (competición internacional de percusión).

Actualmente, cursa o Grado Superior de música no Conservatorio Superior da Coruña.

Piano

Iago Hermo MartínezIago Hermo Martínez, nace en Rianxo (Galicia) no 1992, comeza os seus estudos musicais na Escola de Música de Rianxo, iniciándose no piano aos 13 anos. Posteriormente pasaría a estudar no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, no cal remataría obtendo Matrícula de Honra e o “Premio de Fin de Grao”. Actualmente estuda interpretación pianística no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Entre as persoas coas que asiste a clases, cursos e master classes,destacan: na rama pianística, Vicente García, Iván Cítera, Ireneusz Jagla, Matthijs Verschoor, Aida Gavrilova, Ivan Klansky, Katia Veekman, Haruna Takebe, Andrej Pikul e Peter Efler. No ámbito da composición, aínda que maiormente de formación autodidacta, recibe clases e consellos dos mestres Andrés Valero-Castells, Fernando Buíde del Real e Ramón Lazkano. Ademais, participou nas xornadas internacionais de músicas do mundo “SonUTopías”, organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, e que contaron coa presenza do Atlas Ensemble (2013) e do compositor Toshio Hosokawa (2014). Na rama da dirección, asiste á aula de dirección da Escola de Música de Rianxo impartida por David Fiúza e na masterclass con Andrés Valero Castells.

Como pianista e compositor, desenvolve unha actividade solista complementada participando ou formando parte de agrupacións camerísticas, sinfónicas e como pianista acompañante, destacando a Banda da Escola de Música de Rianxo, a Banda Municipal de A Coruña, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas, o Ensemble IXOR e, xa no ámbito camerístico, o 4+1 Piano Ensemble, do que é un dos membros fundadores e director. Tocou e estreou obras en concertos, ciclos e festivais como o Ciclo de Novos Intérpretes de Santiago de Compostela, o ciclo de música contemporánea MIHL-Sons XXI de Lugo, o Espazo IXOR na Coruña ou nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela.

No ámbito pedagóxico, desenvolve a súa actividade na Escola de Música de Rianxo como mestre de piano e pianista acompañante dende o curso 2011/12. Destaca aquí a súa concepción da pedagoxía do piano a través de novas técnicas, como a creación de obras específicas e a adaptación de obras existentes para piano, conxuntos de pianistas e outros instrumentos e agrupacións.

 

Trombón, Tuba e Bombardino

Daniel Sánchez Barrán naceu en Arca (O Pino). Comezou os seus estudos musicais da man do seu pai. Aos 13 anos ingresa na Banda de Música de Arca. No ano 1974 ingresa na Banda Municipal de Santiago de Compostela como bombardino. Obtén o título de profesor de trombón no Conservatorio Superior de Santiago de Compostela.

Pertenceu ao Grupo de Metais de Santiago e estivo en diferentes orquestras e bandas de Galiza. Na actualidade é director da Escola de Música de Forcarei e profesor en Solfa.

Saxo

Adrian_PaisAdrián Pais nace en Rianxo (A Coruña) onde comeza os seus estudos de música con Rafael Collazo e José Fungueiriño Ramos. Realiza á vez cursos de perfeccionamento e masterclass con mestres da talle de Jean Marie Londeix, Claude Delangle, Marie Bernadette Charrier, Marcus Weiss ou Thomas Indermühler.

Realiza os estudos superiores de música no conservatorio das Illas Baleares con Andrés Gomis, Rodrigo Vila, Miguel Cantero, Ana Lencina e Yuko Mizutani, dentro do marco da Aula Internacional de Saxofón coa que está en contacto con numerosos mestres dunha forma contínua. Debido ó seu interese polas novas correntes musicais de hoxe accede o Conservatorio Rexional de Burdeos (Francia) na clase de Marie-Bernadette Charrier formando parte tamén da aula de música de cámara contemporánea. Durante esta etapa asiste tamén asiduamente xunto a Jean Marie Londeix facendo un traballo paralelo do repertorio clásico orixinal para saxofón.

Recibiu mais de 15 premios en diversos concursos nacionais e internacionais dos que destacan o “38º concurso de música de cámara Club Lyceum” de Suíza (Laussane), os premios recibidos na 10ª e 11ª edición do Concurso de música de cámara “Monserrat Alavedra” (Barcelona) ou o “Gran Prix” celebrado en Palma de Mallorca e co que interpretará como solista a Ballade para saxofón e orquestra do compositor F.Martin realizando a estrea en España.

Pertence a Art Sound Quartet e colabora con distintas formacións coas que realizou concertos por toda a xeografía española, así como en Francia, Suíza, Portugal, Estonia, Suecia ou Alemaña. Cabe resaltar o traballo discográfico “Capriccio” no 2012 onde reciben diversos recoñecementos así como tamén a participación nos Cds dos concursos Monserrat Alavedra gravados en directo nas finais do concurso nos anos 2010 e 1012.

A faceta pedagóxica tamén destaca na súa actividade con importancia da “Saxophone Academy Art Sound Quartet” que se celebra en Madrid e coa que participan diversos saxofonistas de talle mundial como profesores invitados. Tamén son invitados a realizar unha masterclass e concerto no Conservatorio Superior de Xaén no 2013 e 2014 ou no “Mallorca Saxophone Festival” no 2012. Adrián Pais tamén participa como profesor no “IV Encontro Galego do Saxofón” en 2012 así como nos Cursos de Saxofón de Rianxo nos anos 2011 e 2012 e nos “Encontros de saxofón” de Catoira no 2013-2014. Este mesmo ano é invitado a realizar marterclass nos Conservatorios Superiores da Coruña e Xaén e no Conservatorio Profesional de Culleredo.

Actualmente realiza un traballo de creación con compositores e artistas de hoxe sendo dedicatario de novas obras e participando na estrea en diversos festivais como o Festival “Mixtur 2013” de Barcelona, ou festivais en Burdeos (Francia) e Escandinavia.

Pandeireta
clara-rei-garciaClara Rei García. Naceu en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1992. Sendo filla de pandeireteira e gaiteiro levou consigo desde pequena a curiosidade e o gusto pola música tradicional. Na infancia acudiu a aulas de pandeireta e logo baile tradicional na escola de “Cantigas e Agarimos”.
Continuou os seus estudos musicais cursando percusión na Asociación Músico- Cultural Solfa e formando parte da banda da mesma. En 2008, cursou o Bacharelato de Artes Escénicas, Música e Danza no IES Antón Fraguas, tendo profesores como Manolo Maseda, excantante e acordeonista dos Diplomáticos de Monte-Alto. Do 2011 o 2015 foi alumna da Escola de Brincadeira, coa profesora María Iglesias. Actualmente estuda o último curso do Grao de Mestre de Educación Primaria, facendo a mención en Educación Musical.