Cargando imaxes...

Escola

Actividades da Escola de Música de Solfa para o curso 2013/2014.

 

Oferta musical:

– Iniciación á música. Música e movemento de catro a sete anos

– Solfexo (maiores de 7 anos).

– Clases prácticas de instrumento:

* Frauta             * Bombardino          * Óboe             * Trompeta

* Clarinete          * Trombón              * Saxofón           * Trompa

* Tuba                * Percusión             * Piano.

– Coro. Hai que ser socio/a.

– Canto

– Banda de Música

A oferta ampliarase en función da demanda.

Prezos:

Socio/a: 3 euros mes. Os/as menores será socio/a o pai ou nai.

Matrícula na escola: 30 € só se paga no primeiro ano de inscrición, sempre que non exista baixa do alumno/a en solfa. Se os alumnos/as deixan de pagar dúas mensualidades é considerado como unha baixa.  Novas altas pagarán a matrícula.

Cotas mensuais. Todos os alumnos/as que forman parte da banda ou menores de 11 anos:

  • Solfexo: 15 € mes
  • Instrumento: 27 € mes
  • Segundo instrumento: 24 € mes.

Alumnos/as que non forman parte da banda maiores de 11 anos

  • Piano, percusión, saxo….  30  minutos 45€
  • Alumnos/as de instrumento con solfexo  60 minutos 90 €
  • Coro 5 € mes

Os que non son socios/as terán un incremento de 10 € na matrícula en cada mensualidade.

As cotas teñen que estar domiciliadas

Locais e horarios:

No Centro Sociocultural das Fontiñas:

  • Solfexo: Luns de 16 a 20h.
  • Coro: luns de 20 a 22h. e mércores de 21 a 22h.
  • Ensaio da banda: Sábado de 10:30 a 13.30h.
  • Instrumento: Luns, martes, mércores, xoves e venres (dependendo do instrumento).

Documentación:

Formulario alta en Solfa e matrícula

Domiciliación bancaria