Cargando imaxes...
Asociación Solfa

Visita aos tellados da Catedral e Pazo de Xelmírez

 

A Asociación cultural e musical Solfa está organizando unha visita guiada  aos tellados  da catedral . A visita inclúe dous percorridos: o do Pazo Arcebispal de Xelmírez e o ascenso aos tellados. Sempre que reunamos máis  de 15 persoas o prezo  será de 10 euros.  
Tede en conta que está  previsto que  proximamente as visitas queden suspendidas por  obras.

Día : 22  de febreiro 2018
Lugar :  Hora: 16.50 horas
Entrada ao  pazo de Xelmírez ( Praza do Obradoiro)
Prezo : 10 euros
Prazo para anotarse: Por rigorosa orde de apuntamento e ate que as 25 prazas estean cubertas.
Confirmar no correo electrónico luciacarreira@mundo-r.com ou no teléfono 676675030

 

Conferencia sobre Eduardo Pondal. 19 de xaneiro

A Asociación cultural e musical Solfa, Agrupación cultural o Galo teñen o pracer de convidarte a conferencia sobre Eduardo Pondal, co motivo do centenario da súa morte. Disertará, o profesor Carlos Callón Torres, sobre este grande poeta do Rexurdimento galego, comprometido na defensa da nosa nación e da nosa lingua e autor da letra do noso Himno. O museo das Peregrinacións, sito na Praza das Praterias, nº 2 en Compostela será o lugar que acollerá este evento que comezará ás 19.30h.. Pecharase o acto coa actuación da coral de Solfa.

Programa

  • Hás de Cantar           Letra de Rosalía de Castro
  • Negra sombra           Letra de Rosalía de Castro 
  • Cantiga                        Letra de Curros Enríquez
  • A Rosalía                     Letra de Curros Enríquez
  • No escuro                   Letra de Ramón Cabanillas
  • Na morte de Castelo  Letra de Ramón Cabanillas
  • Himno Galego             Letra de Eduardo Pondal

Concertos de Nadal 2017

Un ano máis a Coral de Solfa visitará os nosos maiores. Sempre encontramos, nos nosos concertos, residentes que coñecen o noso rico e variado repertorio popular e permítenos rematar cantando tod@s xuntos ou gozar duns momentos agradábeis. O día 13 de decembro ás 17.00h. cantaremos no centro Servisenior (Os Tilos). O día 18, á mesma hora,  estaremos na residencia Volta do Castro.

 O día 15 de decembro, venres, ás 18.00h. no centro sociocultural do Romaño concerto da coral Solfa. Levaremos no noso repertorio a Xota de Lira, Alecrín, Costureiriña… e para rematar a Canção de Natal e a Panxoliña encantada.

 O día 22, venres, no Centro sociocultural das Fontiñas ás 19.30h. concerto dos alumnos/as de Solfa, banda, pandereteiras e coral. Pecharemos este ano desexando que o 2018 na Galiza non perdamos máis dereitos adquiridos e consigamos esa prosperidade, igualdade e xustiza social que non posuímos.

Concerto da Coral Solfa na Póvoa de Varzim

O día dez de xuño recibimos en Compostela a “Coral Ensaio” da Póvoa de Varzim. Este día de convivio tivo como acto máis importante a actuación na Praza das Praterías da “Coral Ensaio”, do coro de Solfa, da banda de Solfa e a interpretación conxunta de varias pezas galegas e portuguesas.
Agora tócanos devolverlles a visita e, coincidindo coa celebración do San Martiño, estaremos na Póvoa de Varzim os días 11 e 12 de novembro.
Vai ser a primeira vez que cantemos no país irmán. É para nós un motivo de alegría por varios motivos: porque nos permite confraternizar novamente despois da entrañábel xornada do mes de xuño, porque sempre tivemos no noso repertorio cancións portuguesas e porque fai posíbel levarmos a nosa música e a nosa cultura alén do Miño.
Teremos dúas actuacións: Unha o sábado á tarde na Freguesía de Rates e outra o domingo na propia Póvoa de Varzim.
Interpretaremos:
– 5 pezas galegas: “Has de cantar”, “Cantiga”, “Fisterra”, “Costureiriña” e “Xota de Lira”
– Unha canción vasca: “Hegoak”
– Unha brasileira: “Gato na tuba”
– 4 cancións portuguesas: “Alecrim dourado”, “Não quero que vás à monda”, “Verdes são os campos” e “Gotinha de água”
Conxuntamente cantaremos unha portuguesa (“Acordai”) e unha galega (“O voso galo, comadre”.
Levamos connosco o desexo de poder repetir experiencias como esta.

Aberto o prazo de matrícula na Escola de Música de Solfa curso 2017/2018

 

Do día 12 ao 15 de setembro, de 17.00 a 18.00h atenderemos no Centro Sociocultural das Fontiñas a todas as persoas que queiran formar parte da Banda de Música, Coro, Pandeireta, Baile tradicional ou recibir clases individuais de instrumentos: clarinete, saxo, frauta, óboe, tuba, bombardino, trompeta, trombón, fagot, percusión, e solfexo durante o curso 2017/2018

Teléfono móbil: 676675030

Actividades, horarios e matrícula

Formulario de alta en Solfa