Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Musigalizando > Musigalizando 2009

Musigalizando 2009

A Asociación Cultural-Musical Solfa, a Banda da Escola de Música de Rianxo e a Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia organizamos, baixo o patrocinio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e coas colaboracións dos Concellos de Santiago e Sada o terceiro campamento Musical en Gandarío, que se desenvolveu na semana do 22 ao 28 de xuño con nome de Musigalizando.

Musigalizando desenvolveuse ao longo de varios meses, nos que as respectivas agrupacións traballaron o repertorio por separado para finalmente unirse todos, os máis de 130 compoñentes de Solfa, Rianxo e Ribadumia, e ensaiar conxuntamente ademais de gozar duns días de convivencia e formación. Este ano, ademais, como agrupacións musicais convidadas, tamén participaron en Musigalizando a Banda infantil de Merza e a Banda de Música de Arca.

Así, nesta reunión final das cinco agrupacións favoreceuse a liberdade, a creatividade, o intercambio cultural e social e a participación dos rapaces e rapazas, que culminaron coa formación de dúas grandes bandas, a Banada Xuvenil e a Banda Sinfónica.

Nos dous concertos finais, o 27 de xuño no Auditorio da Casa da Cultura “Pintor Lloréns” en Sada e o día 28 de xuño na Praza da Quintana en Compostela, os instrumentistas deron o mellor de si mesmos.

Repertorio:

Banda xuvenil

Ortigueira (p.d.) de Enrique García rey
Alborada de Carril de Francisco Landín
Rapsodia Rusa de Jan Van Beekum
Côte d´Or de Ferrer Ferrán

Banda sinfónica

Symphonic overture de James  Barnes
Estrasantico de Simón Couceiro Riveira
Hans Christian Andersen de Soren Hyldgaard