Cargando imaxes...

Director

Adrian_Pais

Adrián Pais nace en Rianxo (A Coruña) onde comeza os seus estudos de música con Rafael Collazo e José Fungueiriño Ramos. Realiza á vez cursos de perfeccionamento e masterclass con mestres da talle de Jean Marie Londeix, Claude Delangle, Marie Bernadette Charrier, Marcus Weiss ou Thomas Indermühler.

Realiza os estudos superiores de música no conservatorio das Illas Baleares con Andrés Gomis, Rodrigo Vila, Miguel Cantero, Ana Lencina e Yuko Mizutani, dentro do marco da Aula Internacional de Saxofón coa que está en contacto con numerosos mestres dunha forma contínua. Debido ó seu interese polas novas correntes musicais de hoxe accede o Conservatorio Rexional de Burdeos (Francia) na clase de Marie-Bernadette Charrier formando parte tamén da aula de música de cámara contemporánea. Durante esta etapa asiste tamén asiduamente xunto a Jean Marie Londeix facendo un traballo paralelo do repertorio clásico orixinal para saxofón.

Recibiu mais de 15 premios en diversos concursos nacionais e internacionais dos que destacan o “38º concurso de música de cámara Club Lyceum” de Suíza (Laussane), os premios recibidos na 10ª e 11ª edición do Concurso de música de cámara “Monserrat Alavedra” (Barcelona) ou o “Gran Prix” celebrado en Palma de Mallorca e co que interpretará como solista a Ballade para saxofón e orquestra do compositor F.Martin realizando a estrea en España.

Pertence a Art Sound Quartet e colabora con distintas formacións coas que realizou concertos por toda a xeografía española, así como en Francia, Suíza, Portugal, Estonia, Suecia ou Alemaña. Cabe resaltar o traballo discográfico “Capriccio” no 2012 onde reciben diversos recoñecementos así como tamén a participación nos Cds dos concursos Monserrat Alavedra gravados en directo nas finais do concurso nos anos 2010 e 1012.

A faceta pedagóxica tamén destaca na súa actividade con importancia da “Saxophone Academy Art Sound Quartet” que se celebra en Madrid e coa que participan diversos saxofonistas de talle mundial como profesores invitados. Tamén son invitados a realizar unha masterclass e concerto no Conservatorio Superior de Xaén no 2013 e 2014 ou no “Mallorca Saxophone Festival” no 2012. Adrián Pais tamén participa como profesor no “IV Encontro Galego do Saxofón” en 2012 así como nos Cursos de Saxofón de Rianxo nos anos 2011 e 2012 e nos “Encontros de saxofón” de Catoira no 2013-2014. Este mesmo ano é invitado a realizar marterclass nos Conservatorios Superiores da Coruña e Xaén e no Conservatorio Profesional de Culleredo.

Actualmente realiza un traballo de creación con compositores e artistas de hoxe sendo dedicatario de novas obras e participando na estrea en diversos festivais como o Festival “Mixtur 2013” de Barcelona, ou festivais en Burdeos (Francia) e Escandinavia.