Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > 3º Convivio da Cultura Galega

3º Convivio da Cultura Galega

 3convivioculturagalegaO sábado 9 de xullo celebraremos o 3º Convivio da Cultura Galega, unha xornada de festa e foliada arredor da cultura do País. Na carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei, teremos actuacións musicais, con homenaxe a Manuel María, xantar compartido, posibilidade de visitar a Casa Museo do escritor e… moita festa. Pola mañá empezaremos coas bandas e os coros e pola tarde tocar, cantar, bailar… nunha paraxe magnífica.

Queremos convidarvos a que compartades con nós o voso talento e subades ao escenario a mostrar o que facedes.

09:00 h. Saída de Santiago do CEIP das Fontiñas, na rúa de Roma.

11:00 h. A Fundación Manuel María recibe na horta da Casa Museo Manuel María aos participantes deste Convivio.

11:30 h. Saída a pé para a carballeira de Santa Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda a Manuel María.

12:00 h. Na carballeira actuación da Coral de Solfa, dirixida por Francisco Tobar;  a Banda de Música Solfa de Rábade e Begonte, dirixida Adrián País e por Armando Morales; a Banda xuvenil da escola de música de Rianxo, director por  Rafael Collazo e coro do CEIP  Ana María Diéguez dirixido por Irene Amado.

14:00 h. Xantar demorado. Hai que levar o xantar.

17:00 h. Foliada na carballeira aberta á participación de quen queira cantar, tocar, bailar… Contacta con nós en fundacion@manuelmaria.com (tfno: 698 177 621).http://asociacionsolfa.org. (Tlno: 676675030)

Encontro do asociacionismo de base: As directivas (e quen quixer…) reuniranse ás 16:30 h para articular algunha actuación en común para o vindeiro ano.

Programa do 3º Convivio