Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Convite ao Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei

Convite ao Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei

CARTEL OUTEIRO DE REI

 

Para o sábado día 11 de xullo celebraremos o 2º Convivio da Cultura Galega, unha xornada de festa e foliada arredor da cultura do País. Na carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei, onde o Miño e o Ladra se encontran, teremos actuacións musicais, con homenaxe a Manuel María, xantar compartido, posibilidade de visitar a Casa Museo do escritor e… moita festa. Pola mañá empezaremos coas bandas e os coros e pola tarde tocar, cantar, bailar… nunha paraxe magnífica.

Queremos convidarvos a que compartades con nós o voso talento e subades ao escenario a mostrar o que facedes. Para facermos unha previsión, cómpre que nolo comuniquedes a fundacion@manuelmaria.com

09:30 h: Saída de Santiago do CEIP das Fontiñas, na rúa de Roma.

11:15 h: A Fundación Manuel María recibe na horta da Casa Museo Manuel María aos participantes deste Convivio. Tocan as  Bandas de Música Solfa, Rábade e Begonte  e Xuvenil da escola de música de Rianxo.

11:45 h: Saída a pé para a carballeira de Santa Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda a Manuel María.

12:15 h: Na carballeira actuación da Banda de Música de Rábade e Begonte, dirixida por Armando Morales; Banda xuvenil da escola de música de Rianxo, director por  Rafael Collazo; a Coral e Banda de Musica de Solfa, dirixidas por Francisco Tobar e Fernando Rei .

14:00 h: Xantar demorado. Hai que levar o xantar.

17:00 h: Foliada na carballeira aberta á participación de quen queira cantar, tocar, bailar… Contacta con nós en fundacion@manuelmaria.com (tfno: 698 177 621). http://asociacionsolfa.org. (Tlno: 676675030) Anima a festa: Xurxo Souto.

Encontro do asociacionismo de base: As directivas (e quen quixer…) reuniranse ás 16:30 h para articular algunha actuación en común para o vindeiro ano.