Cargando imaxes...
Asociación Solfa > Actualidade > Concertos no Nadal da Coral Solfa

Concertos no Nadal da Coral Solfa

Chegado o mes de decembro, a Coral Solfa vén participando en concertos organizados pola Cruz Vermella e as residencias de maiores en Compostela. Un ano máis queremos, co noso canto e xunto aos nosos maiores, despedir o ano 2013. Pasar un momento agradable  conseguirémolo cun repertorio como:

Panxoliña encantada Letra: Alejandro Tobar Salazar Música: Francisco Tobar Cereijo Fisterra

O Carro Letra de Manuel María. Música, Baldomero Iglesias Dobarrio.Arr: M. Ángel Viro.

Cantiga Letra: Curros Enríquez Música: José Castro “Chané  Harm.: M. Ángel Viro”

O Cuco Letra: Manuel María  Música de A.I. Paz Valverde.

Minueto- Don Juan Popular  Música de Mozart

O voso galo comadre (Popular)  Música de M. Groba.

O Rama (Popular) Arr. Adelino Martíns)

Canción do Nadal (Popular Música de Passarinho)

Hora: 17.30h.

Lugares:

  • Día 12, xoves, a Cruz Vermella organiza a festa do Nadal no Centro  Sociocultural das Fontiñas.
  • Día 13, venres, Residencia de maiores na Pontepedriña
  • Día 16, luns, Residencia de maiores en  Volta do Castro