Cargando imaxes...
Inicio

Festival de Bandas de Música en Noia

 

A Banda de Música de Solfa, a Banda de Música de Rianxo e a Banda de Música de Lousame participan no Festival de Bandas na Vila de Noia, no Liceo, sito na Alameda,  o domingo, día 27 de abril, ás 18.00h.

Saírase do CEIP das Fontiñas ás 16.30h. e regresaremos aproximadamente sobre as 20.00h. Os pais e nais poden apuntarse até completar as prazas do autobús.

Programa

A Freixa de R. e F. Groba.
Suit Catoira de Xosé Carlos Seráns
Abalo
Catoira
Dimo
Oeste
A Misión  “O óboe de Gabriel” de E. Morricone
Bali de D. Correia

Concerto da Coral de Solfa no Colexio Público das Fontiñas

 

O Colexio público das Fontiñas está organizando distintas actividades co motivo do 20 aniversario da apertura do centro. A Asociación Cultural e Musical Solfa participa nesta celebración coa actuación da coral o próximo mércores día 23 de abril ás 19.30h.

Venres 11 de abril concerto da Banda e da Coral de Solfa

 

A Coral e a Banda de Música de Solfa no Centro Sociocultural das Fontiñas darán un concerto ás 20.30h.  para todos os veciños e veciñas do barrio. Entrada gratuíta.

 

Banda de música de Solfa. Director: Fernando Rey Mayo

A Freixa de R. e F. Groba
Suit Catoira de Xosé Carlos Seráns

Alborada
Pandeirada
Balada
Muiñeira

Piratas do Caribe de K. Badelt
Bali de D. Correia

Coral. Director: Francisco Tobar Cereijo

O Carro de Manuel María.  Música de Baldomero Iglesias Dobarrio
Verdes Son os Campos de Luís de Camoes. Música de Zeca Afonso. Arr.: M. Roseira Días
Fisterra Popular Arr.: Francisco Tobar Cereijo
María Soliña de Celso Emilio Ferreiro Arr.: Francisco Tobar Cereijo
Torre de Hércules de Francisco Añón. Música de Francisco Tobar Cereijo
Jingle Coral Popular  brasileira. Arr.: Mº Marum S. Alexander
Ó rama Popular do Alentejo. Música de  Adelino Martíns

Actuación da Banda de Música de Solfa en Luar

A Banda de Música de Solfa  na súa actuación no programa Luar na TVG

O podedes ver tamén na nosa canle  de YouTube

Asemblea xeral dos socios e socias de Solfa

Convocatoria da asemblea xeral  para o día 7  abril de 2014, ás 18.30h en primeira convocatoria e ás 19,00h. en segunda convocatoria no Centro Sociocultural das Fontiñas

Orde do día

  1. Aprobación da acta anterior, se procede
  2. Dar conta das actividades realizadas no ano 2013
  3. Aprobación se procede do balance de ingresos e gastos do exercicio do 2013
  4. Memoria  de actividades para realizar no ano 2014
  5. Orzamento para o exercicio 2014
  6. Rogos e preguntas
  7. Varios

Memoria explicativa das actividades realizadas no ano 2013

Memoria de actividades propostas para realizar no ano 2014